domingo, 18 de enero de 2009

El castillo ambulante

Dirección Hayao Miyazaki.
Sophie ten 18 anos. Traballa sen descanso na tenda de sombreiros que mantiña o seu pai antes de falecer. Nun dos seus pouco frecuentes paseos pola cidade, Sophie coñece o mago Howl. Howl é un novo con poderes extraordinarios e extremadamente sedutor. Sen embrago, a Sophie dálle a impresión de que Howl esconde algo... El encontro entre Sophie e Howl non pasou desapercibido para a Bruxa das Landas, quen odia visceralmente a Howl. Cando Sophie volve á tenda, a Bruxa, facéndose pasar por unha clienta, a engana e a engaiola, transformándoa nunha anciá de 90 anos que non pode revelar a súa verdadeira identidade. Sophie, imposibilitada para dicirlle ás súas amigas e compañeiras quen é realmente e o que lle pasou, a vai obrigada a abandonar a súa casa e decide entón buscar a Howl para que lle axude a romper o feitizo. Howl vive nun "castelo máxico" que ten a peculiaridade de trasladarse por vontade do seu dono. Sophie intérnase no descoñecido, en busca do castelo ambulante, perdéndose en terras desoladas.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña do director.
Crítica en Blog de cine e en La Higuera.
Reseña en Manga e en Tren de sombras.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: