jueves, 12 de febrero de 2009

Babel

Dirección Alejandro González Iñárritu.
Un incidente tráxico no que a vai involucrada unha parella estadounidense en Marrocos desencadea unha serie de acontecementos que afectan catro familias en diferentes países. Unidos polas circunstancias, separados por continentes, cultura e idioma, cada personaxe descobre que a familia é o único que ofrece consolo.
Nas afastadas areas do deserto de Marrocos soa un disparo que desencadea unha serie de acontecementos fortuítos que servirá para conectar a unha parella estadounidense na súa desesperada loita por sobrevivir, cos dous rapaces marroquís responsables involuntarios do accidente, unha coidadora de nenos que cruza a fronteira de México ilegalmente con dous nenos estadounidenses e unha adolescente xaponesa xorda e rebelde sobre o pai da cal pesa unha orde de busca e captura. A pesar das enormes distancias e das culturas tan antagónicas que os separan, estes catro grupos de persoas comparten un destino de illamento e dor.
Só abondarán uns poucos días para que se atopen totalmente perdidos, perdidos no deserto, perdidos para o mundo, perdidos para si mesmos, mentres avanzan cara ao bordo do abismo da confusión e o medo ao tempo que se afunden nas profundidades das relacións e do amor.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en La butaca e en La Higuera.
O significado da mensaxe.
Cómo se fixo.
Páxina oficial na Paramount.
Entrevista ao director.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: