viernes, 12 de junio de 2009
American Graffiti
Dirección George Lucas.
Na última noite do verán de 1962, os mozos dun pobo de California queren saír a divertirse antes de ter que volver ás súas responsabilidades.
George Lucas, antes de ser arquicoñecido pola saga de La guerra das galaxias, rodou este filme que foi nomeado aos Oscar en cinco categorías incluíndo mellor película. A fita fai unha descrición da xuventude norteamericana de plenos anos 60. A mestura de inseguridade dun futuro que chega, as ilusións vitais duns rapaces adolescentes e as ansias, á vez, de diversión, tan propias da idade, son o tema central da película. Hoxe en día segue sendo unha das fitas que mellor describen os ideais xuvenís daquela época.
Entre a repartición figuran os nomes de Richard Dreyfuss, Ron Howard, Harrison Ford... O filme conta con nostálxicos temas de The Flamingos, The Platters, The Diamonds, Chuck Berry ou The Beach Boys, entre outros.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica
Páxina web do 21th anniversary
Música nos 60/70.
Entrevista ao director.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario