jueves, 10 de febrero de 2011
The Code
Dirección Mimi Leder.
Keith Ripley é un ladrón soberbio. É frío, calculador e traballa segundo o Código de ladróns, un código que se fundamenta en realizar o encargo, cubrir o compañeiro, e nunca xamais colaborar coa policía. Jack Monahan é novo e apaixonado, e ademais coñécese as rúas de Nova York como a palma da man. Tras roubarlle un sobre cheo de diamantes a un marchante no metro, tópase con Keith Ripley. De feito, Ripley está a traballar para o mesmo tipo e grazas ao seu pequeno furto, Jack acaba de tirar por terra os seus plans. Pero Jack é un tipo con clase, e Ripley sempre soubo apreciar o traballo ben feito.
Ripley ten agora un novo obxectivo: dous Ovos de Fabergé que nunca foron expostos, dúas pezas únicas que están custodiadas polos máis sofisticados sistemas de seguridade. Necesita eses ovos para saldar unha débeda do seu antigo socio con Nicky Petrovitch que acabará con Ripley senón os consegue. O encargo resulta demasiado difícil mesmo para Ripley que pedirá axuda a Jack para que o acompañe nesta misión. Mentres se preparan para o golpe, Jack coñece a Alex, afillada de Ripley e filla do seu antigo socio. Unha bela e intelixente muller que está a prepararse para ser xuíz e que remata tendo unha relación con Jack a pesar de que Ripley non quere nin que se lle achegue.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en La Butaca.
Como se fixo.
Reseña en El País.
Web oficial.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario