miércoles, 2 de marzo de 2011
Radio Encubierta
Dirección Richard Curtis.
En 1966, sen dúbida ningunha a época do mellor pop inglés, a BBC só emitía dúas horas de rock and roll á semana. Pero as radios piratas inundaban o país con rock e pop 24 horas ao día. E 25 millóns de persoas, máis da metade da poboación, escoitaba cada día aos piratas. Carl acaba de ser expulsado do colexio, e a súa nai decide que pase algún tempo co seu padriño Quentin. Pero dá a casualidade de que Quentin é o xefe de Radio Rock, unha emisora pirata instalada nun barco no mar do Norte, formada por un ecléctico grupo de pinchadiscos. Pero as emisoras piratas chamaron a atención do ministro Dormandy, que decide ir a por eses ilegais. Nunha época na que o poder afoga calquera cousa que se asemelle á exuberancia xuvenil, Dormandy non deixa pasar a oportunidade de meter un gol político. A aprobación da Acta de Infraccións Mariñas é unha boa escusa para rematar cos piratas e a súa nefasta influencia no país. O resultado é, literalmente, unha tempestade en alta mar. Os seguidores da emisora, consternados, bótanse ao mar a media noite nunha operación de rescate ao estilo "Dunkerque" para salvar os seus heroes. Pero o rock and roll nunca morre.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en La butaca e en Decine21.
Cómo se fixo.
Banda sonora.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario