jueves, 10 de noviembre de 2011
Y Dios creó a la mujer
Dirección Roger Vadim.
St. Tropez. Juliette Hardy é unha orfa de dezaoito anos, sexualmente moi precoz e activa. Eric carradine, un home rico e maduro, séntese moi atraído por ela. Pero Juliette está namorada de Antoine Tardieu, un mozo que traballa en Toulon e é o fillo maior dunha familia humilde que posúe un pequeno estaleiro. O problema é que Antoine só quere ter unha breve aventura con ela. Cando os pais adoptivos de Juliette deciden, en vista da mala reputación da rapaza, que volva ao orfanato, o irmán de Antoine, Michel Tardieu, proponlle casar, ela acepta e comeza a amalo. Pero cando a familia Tardieu decide vender o estaleiro a Eric, Antoine volve a Saint-Tropez e renace a paixón de Juliette por el.
Película que creou ao mito erótico B.B. (Brigitte Bardot). O escándalo chegou cos nus dunha moza sensual e perturbadora, o que provocou que se censurase en moitos países.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón.
Reseña en Fotogramas.
Banda sonora.
Video:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario