miércoles, 11 de abril de 2012

Ciudad sin ley

Dirección David J. Burke.
O axente Raphael Deed, un policía novel da unidade policial de elite, e o sarxento Francis Lazerov, incáutanse dun alixo de droga e un botín en metálico dos matóns Rook e Isaiah. Cando Rook ve que van quedar coa mercadoría os propios policías, insinúa que tomará a matrícula e os denunciará, así que Lazerov lle dispara a sangue frío e decide facer cargar a Isaiah co morto. Pronto este rapaz, fillo dunha muller moi relixiosa e de saúde débil, comparece ante a xustiza. Pollack, un novo xornalista dunha publicación de barrio observa algo estraño no xuízo e comeza a investigar coa axuda do seu editor xefe, Ashford, un veterano xa retirado do periodismo de investigación. O corpo ao que pertencían os axentes ten un trato especial dentro da policía e todas as súas accións permanecen arquivadas. Segundo Ashford e Pollack comezan a remover, unha trama política de corrupcións empeza a aparecer á luz.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Ficha en Filmax.
Cómo se fixo.
Crítica en AlohaCriticón.

Trailer:

No hay comentarios: