Dirección Terry Gilliam.
Esta é a historia dos Irmáns Grimm, o cínico Will e Jacob o soñador que se resistía a vivir nun mundo demasiado real. Os dous intentaban gañarse a vida como podían viaxando pola campiña napoleónica derrotando monstros e demos a cambio de algo de diñeiro rápido. Xuntos percorreron moitos camiños coleccionando e difundindo contos de fadas, bestas e bruxas diabólicas ata que, nunha ocasión, intentando escapar das autoridades francesas por estafadores, se internaron nun bosque encantado no que apareceron Cincenta, Caperucita Roja e Hansel e Gretel; uns personaxes que, a pesar de todo, eran simples invencións. Ou non? O tolo e macabro legado dos Grimm seduciu a grandes e pequenos nunha época tumultuosa marcada polo conflito entre o racionalismo e a superstición. A vida da remota campiña alemá do XIX, que vivía inmersa nun mundo de mitos e crenzas, chocou de fronte co espírito ilustrado dos invasores napoleónicos creando un conflictoque quixo reflectir o visionario Terry Gilliam (Brasil, 12 monos) en "O segredo dos irmáns Grimm". Matt Damon (O mito de Bourne) e Heath Ledger (Destino de Cabaleiro) dan vida a estes dous irmáns que, sen sabelo, deberán enfrontarse cara a cara coas súas propias fantasías
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía didáctica
"Mundos fantásticos " de Decine21.
Reseña en Fotogramas.
Crítica en LaHiguera.
Banda sonora
Cómo se fixo.
Características de imaxe, son orixinal e doblado en ZonaDVD
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario