Dirección José Manuel González-Berbel.
Finais dos 60. O Hospital Psiquiátrico de Extremadura, que alberga a enfermos, borrachos e vagabundos sen distinción, sucumbe aos métodos e a desidia do seu director. Burgos (Alberto Jiménez) presta mais atención a satisfacer ás autoridades que ás necesidades dos seus enfermos.
Non obstante, o ingreso de Mateo (Hugo Silva), un idealista moinante máis próximo á xenialidade que á loucura, supón un cambio completo na rutina do centro. A súa rebeldía e o seu instinto protector fan que Lola (María Valverde), unha nova e guapa reclusa maltratada dende nena, se sinta atraída por el. Ademais gaña o respecto de Carmen (Irene Visedo), unha doutora que verá nel un apoio ás súas intencións reformistas.
Desgraciadamente, o propio Mateo e a súa relación con Lola tamén espertan receos noutros traballadores, enfermos e sobre todo a ira do propio director, que ve o el unha ameaza para o status quo que mantén no Hospital...
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
Una vida de locos en DeCine21.
Recensión en El Mundo.
Entrevista a Hugo Silva en The Cult.
Tráiler:
No hay comentarios:
Publicar un comentario