Esta historia atemporal explora a capacidade do corazón
humano para amar, ao tempo que mostra a fastosa sociedade da Rusia imperial.
Encontrámonos no ano 1874. A preciosa e vivaz Anna Karenina leva a vida desexada por todas as súas contemporáneas: está casada con Karenin, un importante funcionario ao que deu un fillo, e a súa posición social en San Petersburgo é envexable. Viaxa a Moscú despois de recibir unha carta do seu irmán, o mullereiro Oblonsky, pedíndolle axuda para salvar o seu matrimonio con Dolly. No tren, Anna coñece á condesa Vronsky (Olivia Williams), á que espera o seu fillo, o elegante oficial de cabalaría Vronsky. Cando Anna é presentada ao oficial, xorde unha faísca mutua que ningún dos dous ignorará. Levin, un terratenente compasivo e sensible, é o mellor amigo de Oblonsky e ten a intención de pedir a man de Kitty, a irmá pequena de Dolly, pero non sabe que a moza está perdidamente namorada de Vronsky. Ante o rexeitamento de Kitty, o entristecido Levin regresa ás súas terras de Pokrovskoe e entrégase aos traballos do campo, mentres Kitty descobre con dor, durante un baile, que o seu grande amor Vronsky non lle quita ollo a Anna Karenina, que parece compartir os seus sentimentos.
Anna, nun esforzo por recuperar a cordura, apresúrase a regresar a San Petersburgo, onde a segue Vronsky. Ela intenta recuperar a súa vida familiar, pero non deixa de pensar no mozo oficial. Teñen unha apaixonada aventura que escandaliza á sociedade da capital.

A situación
de Karenin é insostible e vese obrigado a dar un ultimato á súa
esposa. Nun desesperado intento por ser feliz, a decisión deAnna fende o
verniz dunha sociedade obsesionada polo que dirán, e dá pé ás tráxicas e
románticas consecuencias que cambiarán dramaticamente a súa vida e a dos que a
rodean.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en LaButaca.net
Reportaxe en Fotogramas.
Entrevista a Keira Knightley en Fotogramas.
Tolstói entre bambalinas de BlogdeCine.
Crítica en Decine21.
Como se fixo a película en RTVE.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario