Dirección Tim Burton.
Benjamin Barrer (Johnny Depp), un home encarcerado 15 anos inxustamente no outro lado do mundo, escapa e volve a Londres coa promesa de vingarse, xunto á súa obsesiva e devota cómplice a Sr.aNellie Lovett (Helena Bonham Carter).
Adoptando o disfrace de Sweeney Todd, Barker regresa á súa antiga barbaría enriba do local de empanadas de carne da Sr.a Lovett, e fixa os seus miras no xuíz Turpin (Alan Rickman) que, coa axuda do seu vil secuaz Beadle Bamford (Timothy Spall), lle mandaron lonxe cunha acusación falsa e así poder roubarlle á súa esposa, Lucy(Laura Michelle Kelly), e á súa filla bebé. A Sr.a Lovett cóntalle a Todd que a súa muller se suicidou con veleno despois de que o xuízTurpin se aproveitase dela. Pero cando un barbeiro rival, o flamante italiano Pirelli (Sacha Baron Cohen), ameaza con descubrir a verdadeira identidade de Sweeney, Todd mátao cortándolle a garganta. Ao non saber que facer co corpo, a Sr.a Lovett ve esta circunstancia como unha potencial solución para o seu debilitado negocio - e suxire usar a carne humana para o recheo das súas empanadas de carne...
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Crítica de BlogdeCine.
Crítica e reportaxe en Fotogramas.
Recensión en AlohaCriticón.
Noticias en El séptimo arte.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario