lunes, 25 de agosto de 2014

Los descendientes

Dirección Alexander Payne.
En "Os descendientes", Matt King (George Clooney), casado e pai de dúas nenas, vese obrigado a reconsiderar o seu pasado e a encauzar o seu futuro cando a súa muller sofre un terrible accidente de barco en Waikiki. Matt intenta torpemente recompoñer a relación coas súas fillas,a precoz Scottie, de 10 anos, e a rebelde Alexandra, de 17, ao mesmo tempo que se enfronta á difícil decisión de vender as terras da familia. Herdanza da unión entre a realeza hawaiana e os misioneros, os King posúen algunhas das últimas zonas virxes de praia tropical das illas, dun valor incalculable. Cando Alexandra solta a bomba de que a súa nai tiña unha aventura amorosa no momento do accidente, Matt ten que empezar a mirar con ollos novos toda a súa vida, por non falar da súa herdanza, durante unha semana plena de cruciales decisións. Coas súas fillas ao lombo, Matt embárcase na azarosa procura do amante da súa muller. Ao longo do camiño, onde se van alternando encontros divertidos, conflictivos e trascendentales, Matt comprende que por fin se acha na boa dirección para reconstruír a súa vida e a súa familia.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en LaButaca e en La Vanguardia.
Cómo se fixo.
Entrevista a George Clooney e ao director.
Reportaxe de Fotogramas.
Reportaxe en Días de Cine de RTVE.

Trailer:

No hay comentarios: