martes, 21 de octubre de 2014

Money Ball

Dirección Bennett Miller 

"Moneyball: Rompendo as regras" está baseada na historia real deBilly Beane (Brad Pitt), unha prometedora estrela do béisbol que, incitado polo fracaso de non ter demostrado no campo todo o que se esperaba del, enfocou toda a súa natureza competitiva cara á área da dirección de equipos. Ao comezo da tempada 2002, Billyenfróntase a unha situación deprimente: o seu modesto equipo, os Oakland Athletics, perdeu, unha vez máis, os seus mellores xogadores ás mans dos clubs grandes e enriba ten que reconstruílo con só un terzo do presuposto. Non obstante, decidido a gañar, Billyenfróntase ao sistema desafiando os máis grandes deste deporte. Así, busca opcións fóra do mundo do béisbol e tópase coas teorías innovadoras de Bill James. É entón cando se decide a contratar aPeter Brand (Jonah Hill), un economista de Yale, intelixente e con talento para os números. Xuntos enfróntanse ás teorías establecidas para medir a actividade no xogo e reexamínanas apoiándose na análise estatística por ordenador, ata entón desprezado pola clase dirixente do béisbol. Chegan a conclusións que desafían a imaxinación e van a por xogadores descartados polos demais por raros, maiores, lesionados ou problemáticos, pero con habilidades claves pouco valoradas. 
A medida que Billy e Peteravanzan, os seus novos métodos e a súa lista de "inútiles" irritan a vella garda, aos medios de comunicación, aos seguidores e ao propio director de campo (Philip Seymour Hoffman) que se nega a cooperar. Finalmente, o experimento non só cambiará a forma de xogar, senón que tamén achegará a Billy unha nova comprensión que transcende o xogo e que o fará avanzar no terreo persoal.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Oficial web.
Reportaxe en LaButaca.net.
Crítica en LaButaca.net.
Como se fixo 1, e en LaButaca.net.
Las matemáticas en el cine.
Estrategia empresarial en Sintetia.com.
Reportaxe en Fotogramas.

Trailer:


No hay comentarios: