martes, 19 de mayo de 2015

La ladrona de libros

Dirección Brian Percival.
Tras a morte do seu irmán, Liessel, moza orfa de 9 anos, é adoptada por unha familia obreira, os Hubberman, durante a II Guerra Mundial en Múnic. Grazas ao seu pai adoptivo, aprenderá a ler e os libros, dalgún modo, sérvenlle de evasión do que está a pasar no seu país, baixo o férreo control dos nazis. Animada por unjudío fuxitivo, comeza a escribir as súas memorias, dotándoas de grande imaxinación. O que non sabe é que probablemente a escritura poida salvarlle a vida. 
"A ladroa de libros" é unha dramática historia baseada no libro do escritor australiano Markus Zusak, do mesmo nome, que se converteu nun dos maiores éxitos en vendas de 2005 dentro do xénero da literatura infantil. O gañador dun Emmy Brian Percival (A Boy Called Dad), máis coñecido por dirixir a aclamada serie "Downton Abbey", é o responsable de adaptar a edulcorada e tenra historia dunha nena orfa de 9 anos, que se sobrepón aos tráxicos acontecementos que teñen lugar na Alemaña do III Reich, antes e durante a II Guerra Mundial, grazas aos libros e á lectura. Coa súa nova familia de acollida, aprenderá a ler e vivirá diversas aventuras que poñerán a risco a súa fráxil existencia.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica

No hay comentarios: