martes, 29 de marzo de 2016

Bullying

Dirección Josetxo San Mateo.
Jordi é un rapaz de 15 anos que perdeu recentemente ao seu pai e que, xunto coa súa nai, decide cambiar de cidade para comezar unha nova vida. E ao principio todo parece ir ben. Pero o destino resérvalle unha terrible sorpresa, xa que cando Jordi traspase o limiar do novo instituto ao que se incorpora, cruzará sen sabelo a tenebrosa fronteira do mismísimo inferno.
E quen lle convida a entrar nel, cun arrepiante sorriso nos beizos, é Nacho, un compañeiro de clase, que a pesar da súa idade pertence xa á raza dos que se alimentan unicamente do medo e da dor allea. Nacho, como unha encarnación do Mal, será capaz de lograr que, no pesadelo que mergulla a Jordi, cada día que pase sexa superado en violencia e crueldade polo seguinte.
Unha nai confundida que non logra comprender o que ocorre, un escuro e misterioso personaxe que carga cun segredo do pasado, e unha moza, Ania, capaz de entender a Jordi porque tamén ela coñece os mil rostros do horror, serán os compañeiros de viaxe do noso heroe. Unha viaxe cuxo termo será decidido nunha reacción final polo propio Jordi, quen como calquera ser humano ten na liberdade unha meta vital indispensable, e a busca con desesperación. Ata atopala.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía de traballo sobre a película.
Reseña da presentación da película no Festival de Málaga en El Mundo.
Comentario en Cinemanet.
Comentario en LaHiguera.net.
"¿Cómo reconocer el acoso escolar?" en Educo
Reseña en Cinematemáticas.
Listaxe de fondos sobre acoso escolar na web do MECD

Fragmento:

No hay comentarios: