lunes, 30 de enero de 2017

Brooklyn

Dirección John Crowley.
Irlanda, anos 50. Eilis Lacey (Saoirse Ronan) vive no pobo de Enniscorthy coa súa irmá maior Rose (Fiona Glascott) e a súa nai viúva Mary (Jane Brennan). A moza traballa como empregada nunha pequena tenda de comestibles, onde ten que soportar á súa estirada xefa Miss Kelly (Brid Brennan). Grazas ao Pai Flood (Jim Broadbent), un sacerdote irlandés de Nova York, Eilis logra escapar dese asfixiante mundo e viaxa a Estados Unidos.

Unha vez en Nova York, instálase en Brooklyn, e hospedarase nunha casa de hóspedes onde viven outras emigrantes irlandesas coas que deseguido establecerá amizade. Eilis traballará entón como empregada nuns grandes almacéns e, polas noites, asistirá a clases de contabilidade.

Unha noite acudirá a un baile onde coñecerá a Tony Fiorello (Emory Cohen) un mozo italiano de familia humilde do que se namorará. Pero entón, xusto cando a súa nova vida en Nova York vai vento en popa, o seu pasado en Irlanda chama á porta. Eilis recibe noticias acerca dun grave problema relacionado coa súa familia, polo que terá que tomar unha difícil decisión e elixir entre os dous países e, en consecuencia, entre as vidas que ten neles.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en La Butaca net.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en El Confidencial.
Crítica en BlogdeCine.
"El sueño americano" crítica en El País.

Trailer:

No hay comentarios: