![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg0swkQUZFOig9_VSs6bxEFenHo4eMPnP-TyY8l1dMBlFnFJGEdZJW65HIFZJefD0PGYUor0TOOQDJwzL_XJfIH65p9N9cIrRxUkh_VgyjdADHooyWIJDLYxsmxzngjrJ8MA6hmnNx6zEw/s1600/asterix+cleo.jpg)
Cleopatra, a raíña de Exipto, decide, para desafiar ao emperador romano Julio César, construír en tres meses un suntuoso palacio en pleno deserto. Se o consegue, César terá que recoñecer publicamente que o pobo exipcio é o máis poderoso de todos. Para iso, Cleopatra fai chamar a Numerobis, un arquitecto vangardista cheo de enerxía. Se ten éxito, a raíña cubrirao de ouro. Se fracasa, arroxarao aos crocodilos. Numerobis, consciente do desafío que se lle presenta, pide axuda ao seu vello amigo Panorámix e o druída viaxa a Exipto con Astérix e Obélix. Por outra banda, Amonbofis, o arquitecto oficial de Cleopatra, celoso de que a raíña elixise a Numerobis para construír o palacio, vai facer todo o posible para que o seu competidor fracase.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Web oficial da serie.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en LaHiguera.net
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario