domingo, 8 de noviembre de 2009

Adiós muchachos

Dirección Louis Malle. Francia, durante a ocupación nazi. Julien Quentin, un neno a punto de entrar na puberdade estuda nun internado católico. Xa empezado o curso, aparece Jean Bonnet, un novo estudante que ten algo misterioso na súa persoa. A través de xogos, pelexas e o descubrimento de intereses comúns, a amizade entre ambos os dous irá crecendo e facéndose máis próxima, sobre todo cando Julien descobre o que o diferencia de Bonnet: el é ario e o seu amigo é xudeu. Baseado nos recordos persoais de infancia do director, Louis Malle, esta película estivo nominada ao Oscar ao Mellor Guión Orixinal e á Mellor Película de Fala No Inglesa. 
Reseña crítica e comentario en Decine21
Crítica de George Kaplan

Trailer:

1 comentario:

Ninsesabe dijo...

Acabo de entrar por primeira vez neste sitio e quería felicitarvos polo voso traballo.
Noraboa.