Dirección Louis Malle.
Francia, durante a ocupación nazi. Julien Quentin, un neno a punto de entrar na puberdade estuda nun internado católico. Xa empezado o curso, aparece Jean Bonnet, un novo estudante que ten algo misterioso na súa persoa. A través de xogos, pelexas e o descubrimento de intereses comúns, a amizade entre ambos os dous irá crecendo e facéndose máis próxima, sobre todo cando Julien descobre o que o diferencia de Bonnet: el é ario e o seu amigo é xudeu.
Baseado nos recordos persoais de infancia do director, Louis Malle, esta película estivo nominada ao Oscar ao Mellor Guión Orixinal e á Mellor Película de Fala No Inglesa.
1 comentario:
Acabo de entrar por primeira vez neste sitio e quería felicitarvos polo voso traballo.
Noraboa.
Publicar un comentario