domingo, 10 de enero de 2010
La guerra de Charlie Wilson
Dirección Mike Nichols.
A guerra de Charlie Wilson é unha historia real na que se conta como un congresista ao que lle gustaba pasalo ben, unha muller da alta sociedade de Houston á que lle gustaban as boas causas e un axente da CIA ao que lle gustaban os retos conspiraron para realizar a maior operación secreta da historia.
Charlie Wilson (Tom Hanks) era un congresista solteiro de Texas cuxa personalidade de bo vividor escondía unha mente política moi astuta, un profundo sentido do patriotismo e unha gran compaixón polos máis débiles. A principios dos oitenta, coa ameaza da invasión soviética, o máis débil era Afganistán.
A grande amiga de Charlie, o seu mecenas habitual e amante ocasional era Joanne Herring (Julia Roberts), unha das mulleres máis ricas de Texas e virulenta anticomunista. Na súa opinión, a resposta estadounidense á invasión soviética deixaba moito que desexar, e convenceu a Charlie que axudase aos muyahides - os lendarios guerreiros afgáns - conseguindo fondos e armas para botar o agresor soviético. O compañeiro de loita de Charlie nesta dura batalla foi o axente da CIA Gust Avrakotos (Philip Seymour Hoffman), un home da clase obreira, tenaz e con moito talento, ignorado polos seus compañeiros da CIA, todos eles licenciados en grandes universidades.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica.
Reseña en La higuera.
Como se fixo a película.
O xogo de Afganistan en Decine21.
Banda sonora.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario