domingo, 31 de enero de 2010
Juntos y nada más
Dirección Claude Berri.
Camille é unha moza doce e sensible que, aínda que pertence a unha familia burguesa, decidiu traballar como empregada doméstica. Desconfiada ante a vida, acepta o traballo ofrecido por Philibert por consideralo moi amable. Philibert é un aristócrata que vive temporalmente nunha casa enorme onde tamén se van instalar o seu amigo Franck, un sedutor en problemas, e a avoa deste, a entrañable Paulette. A través da convivencia descobren máis de si mesmos e xorde unha historia de amor. "Xuntos, nada máis" supón a adaptación ao cine da novela homónima escrita con tanto éxito por Anna Gavalda. Trátase dun relato sentimental sobre a busca da felicidade que xira en torno a catro personaxes moi distintos que unen as súas vidas a través da convivencia. O cineasta parisiense Claude Berri retomou esta historia por considerala actual e realista. O director de "Xerminal" e "Amor en tempos de guerra" apóiase nuns diálogos tenros e divertidos para construír un melodrama almás puro estilo francés. A protagonista do filme é unha das actrices galas máis internacionais do momento. Dende a sorprendente "Amelie", Audrey Tautou non parou de traballar, rodando no seu país (Longo domingo de noivado) e en Hollywood, onde co-protagonizou o taquillazo "O código Da Vinci". A fita conta con dous galáns de excepción: Guillaume Canet (O meu ídolo, El inferno) e Laurent Stocker (Sade, Aux abois). Completa o elenco, Francoise Bertin, que traballou na súa xuventude ás ordes de Buñuel (Diario dunha camareira) e que hai pouco interveu en "A flor do mal".
Na biblioteca e na wikipedia a novela.
Ficha técnica.
Reseña da novela.
Crítica en Blog de cine.
Entrevista có director.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario