sábado, 13 de noviembre de 2010

El jardinero fiel


Dirección Fernando Meirelles.
Nun remoto lugar ao norte de Kenya, asesi-nan brutalmente á activista máis entregada da zona, a brillante e apaixonada Tessa Quayle (Rachel Weisz). Un médico local que a acompañaba fuxiu e todo parece apuntar cara a un crime pasional. Sandy Woodrow (Danny Huston), Sir Bernard Pellegrin (Bill Nighy) e os demais membros do Alto Comi-sionado Británico están convencidos de que o viúvo de Tessa, o apracible e pouco ambicioso Justin Quayle (Ralph Fiennes) deixará o asunto nas súas mans, pero están moi equivocados. O equilibrio profesional do diplomático basculou ao perder a muller á que tanto amaba. Eses dous seres tan opostos atraíanse mutua-amente e gozaban dun feliz matrimonio. Os recordos desa unión empurran a Justin a tomar unha decisión por primeira vez na súa vida persoal e profesional. Perseguido polos remordementos e ferido polos rumores das supostas infidelidades da seu espo-sa, Justin sorpréndese a si mesmo lanzándose a unha perigosa odi-sexa. Decidiu limpar o bo nome da súa muller e "rematar o que ela empezou". Para conseguilo, debe aprender a marchas for-zadas como funciona a industria farmacéutica, xa que Tessa esta-ba a punto de descubrir un escándalo, e viaxará por dous continentes en busca da verdade. Non tardará en decatarse da existencia dunha conspiración tan letal como común que se cobrou vina-dá de inocentes e poñerá a súa en perigo.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Como se fixo.
Guía didáctica.
Crítica en Alohacriticón.
El jardinero fiel o el desarrollo de nuevas medicinas.
As empresas farmacéuticas en El Economista.
Artigo no Washington Post sobre o cal se baseou a película.
Reseña sobre o autor da novela: John Le Carré.

Banda sonora.
Trailer:


No hay comentarios: