miércoles, 10 de noviembre de 2010

Enemigos públicos


Director Michael Mann.
"Inimigos públicos" é a historia do lendario bandido da época da Gran Depresión, John Dillinger (Johnny Depp), o carismático atracador de bancos que se converteu no obxectivo número un do incipiente FBI de J. Edgar Hoover e do seu mellor axente, Melvin Purvis (Christian Bale), e nun heroe popular para o sufrido pobo. Ninguén era capaz de deter Dillinger e a súa banda.

Non había cárcere que se lle resistise. Grazas ao seu encanto persoal e ás súas ousadas fugas era aplaudido por case todo o mundo, dende a súa noiva Billie (Marion Cotillard) ata o home da pé que non sentía simpatía ningunha polos bancos que afundiran o país na depresión. As aventuras da banda de Dillinger, que posteriormente incluiría o psicópata Baby Face Nelson (Stephen Graham) e Alvin Karpis (Giovanni Ribisi), entretiñan á maioría, pero J. Edgar Hoover (Billy Crudup) tivo a idea de servirse da captura do bandido para empezar a transformar o seu "Bureau of Investigation" (Oficina de Investigación) no que sería o FBI. Converteu a Dillinger no "inimigo público número 1 de América" e lanzou a Purvis, o aposto "Clark Gable do FBI", tras el.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Decine21 e en Alohacriticón.
Fotogramas.
Como se fixo.
Web oficial.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: