viernes, 1 de julio de 2011

88 minutos


Dirección Jon Avnet.
Un profesor universitario que traballa tamén de psiquiatra forense para o FBI recibe unha ameaza de morte que o avisa que lle quedan 88 minutos de vida. Para salvar a súa vida, Jack debe usar todas as súas habilidades e adestramento para achegarse cada vez máis aos posibles sospeitosos, entre os que figura un alumno desgustado, unha antiga amante a quen abandonou e un asasino en serie que xa se encontra no corredor da morte.
O prestixioso psiquiatra forense Jack Gramm baseou toda a súa carreira exemplar nas súas infalibles "avaliacións" das persoas e dos factores de risco. Tras dar o seu testemuño de experto no caso do asasino en serie Jon Forster, espera a execución do criminal cunha gran satisfacción. Non obstante, cando comezan a producirse asasinatos parecidos aos que Forster cometía, Jack vese na situación de ter que defender o argumento de que os novos crimes son obra dun devoto seguidor do encarcerado...
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Fotogramas.
Cómo se hizo.
Reseña en La Higuera.
"Estrella con luz de gas" de la República cultural.

Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: