martes, 19 de julio de 2011

Premonición


Dirección Sam Raimi.
Dende o cuarto traseiro da súa pequena casa dunha cidade de Xeorxia, Annie Wilson usa os seus talentos telepáticos para adiviñar a sorte dos seus veciños. Viúva e con tres fillos que manter, Annie soporta a pesada carga de ter que carrexar cos problemas de todo o pobo sobre os seus ombros mentres loita cos seus propios. Ademais sofre as violentas ameazas de Donnie, o perigoso marido dun dos seus clientas.
Un día Annie ten a posibilidade de poñer a proba o seu don de vidente cando as autoridades lle piden axuda: desapareceu unha moza e as investigacións non conducen a nada. As misteriosas e, moitas veces, aterradoras visións de Annie parecen ser o último recurso para descubrir o seu paradoiro. E o máis importante, se aínda vive...

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Crítica en Decine21 e en La Butaca.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: