Dirección Joe Johnston.
Inspirada na clásica película de Universal
que encabezou un legado de terror, O HOME LOBO é a historia das lendarias orixes
dunha maldición e do home que a padece. Benicio del
Toro é Lawrence Talbot, un nobre que volve á
casa familiar ao desaparecer o seu irmán. Despois de reencontrarse co seu pai,
do que se distanciara (Anthony Hopkins), Talbot sae en busca do seu irmán e descobre o horrendo
destino que o espera.
A infancia de Lawrence
Talbot rematou a noite que faleceu a súa nai. Despois de deixar a
adormecida viliña vitoriana de Blackmoor, tardou anos
en recuperarse e en borrar certos recordos. A prometida do seu irmán, Gwen Conliffe, encarnada por Emily
Blunt, encóntrao e pídelle que busque ao seu desaparecido amor, e Talbot decide regresar á casa. Decátase de que alguén ou
algo brutalmente salvaxe e cunha insaciable sede de sangue matou varios
habitantes do pobo e que un suspicaz inspector de Scotland
Yard chamado Alberline (Hugo Weaving) veu a investigar os crimes.
Cando
Talbot empeza a reunir as pezas do sanguento
crebacabezas, descobre que existe unha antiga maldición que converte os homes en
lobos coa lúa chea. Talbot non ten máis remedio que
destruír a terrible criatura que habita nos bosques arredor de Blackmoor se quere rematar coa matanza e protexer a muller
da que se namorou. Non obstante, a terrible criatura mórdeo e un home bo cun
pasado torturado descubrirá un lado da súa persoa que nin sequera podía
imaxinar.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha da película
El mito del licántropo de LaButaca.net.
Las 10 mejores películas con hombres lobo de HoyCinema.
Como se fixo de LaButaca.net.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario