sábado, 9 de febrero de 2013
La dama de hierro
Dirección Phyllida Lloyd.
Margaret Thatcher, ex primeira ministra, agora nos seus 80, encóntrase almorzando na súa casa de Chester Square en Londres. A pesar de que o seu marido, Denis, faleceu hai un par de anos, a decisión de desfacerse finalmente da súa roupa, provoca nela recordos convulsos. Mentres Thatcher se prepara para a súa rutina diaria, a imaxe do seu marido - leal, cariñoso e traveso - é tan real que parece estar vivo. O persoal de Margaret fala con Carol Thatcher para expresar a súa preocupación sobre a crecente confusión que sofre a súa nai entre o pasado e o presente. Esta preocupación aumenta durante unha cea na que Margaret cativa os seus convidados para pouco despois distraerse ante as memorias da noite na que coñeceu a Denis, hai 60 anos.
Meryl Streep interpreta a Margareth Thatcher nun dos traballos máis importantes da súa traxectoria profesional. Diríxea Phyllida Lloyd, quen xa traballou con ela Mamma Mia!, a película. Por este traballo Meryl Streep conseguiu o seu oitavo Globo de Ouro.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
"La dama de hierro divide a los británicos también en la pantalla" en El País.
Crítica en LaButaca.net
La mujer del número 10 en Decine21
Banda sonora.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario