martes, 1 de julio de 2014

Agua

Dirección Deepa Mehta.

A historia transcorre en 1938, na India colonial, en pleno movemento de emancipación liderado por Mahatma Gandhi. Segundo as crenzas hindús, cando unha muller casa, convértese na metade do home. Polo tanto, se el morre, considérase que a metade da esposa morreu. Os libros sagrados din que unha viúva ten tres opcións: Casar co irmán máis novo do seu marido, arder co seu marido ou levar unha vida de total abnegación.
Celébrase unha voda que ben podería ser un enterro: casan a Chuyia (Sarala), unha nena de 8 anos, cun moribundo que falece esa mesma noite. Quéimase o seu corpo na beira dun río sagrado e Chuyia prepárase para o destino que escolleron para ela. Aféitaselle a cabeza e ingresa nun ashram para viúvas onde deberá pasar o resto da súa vida, convertida nun altar vivente consagrado á memoria do falecido.
Un día, á beira do río, Kalyani coñece, casualmente, a Narayan, un mozo seguidor de Gandhi. E alí empeza a súa fermosa loita por vivir. Unha loita difícil pois o ashram, o lugar onde vive encerrada, ten unha estrita organización social e unha estreita vixilancia para que ninguén escape. A nena, Chuvia, convértese na mensaxeira deKalyani con Narayam e no seu cómplice para vivir un amor que podería liberalas no medio da loita pola liberdade do pobo indio. Unha liberdade política que só moitos anos máis tarde redundaría en horizontes de liberdade persoal para as mulleres.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Guía didáctica.
Guía didáctica de Cine para estudiantes.
Guía da distribuidora Golem.
Crítica en LaHiguera.net e en Fotogramas.
Crítica Tradicións fronte conciencia.
Banda sonora.
Trailer:

No hay comentarios: