martes, 1 de enero de 2008
Divertimento
Director José García Hernández.
Daniel Osantos (Federico Luppi), un popular actor de televisión, está a piques de conseguir o papel da súa vida. Inseguro acerca do seu talento como actor a pesar dos seus éxitos, decide entrevistarse con Bernardo Gabler (Francisco Rabal), un lendario actor que leva toda a vida interpretando o mesmo personaxe. Pero Gabler non parece moi disposto a revelarlle os seus segredos a un actor no que non confía e proponlle un xogo, un elaborado plan, unha proba de resistencia, para determinar se está á altura do papel. Divertimento convértese así nun thriller psicolóxico ambientado nun teatro con personalidade propia, o Jofre de Ferrol, que exerce unha forza centrípeta, misteriosa e irresistible, envolvéndonos e atrapándonos inexplicablemente, do mesmo xeito que lle ocorre ao personaxe interpretado por Luppi. O espectador enfróntase a diferentes sentimentos, ás veces antagónicos, que van variando cara a un e outro protagonista a medida que se desenvolve a acción.
Na biblioteca.
Crítica e ficha técnica da película.
Paco Rabal e Federico Luppi no papel da súa vida.
Crítica en Terra e EL País
Galería de persoaxes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario