martes, 1 de enero de 2008
O Camiño de Santiago: A orixe
Director Jorge Algora.
Este documental a través do cal podemos iniciarnos na ruta xacobea desde as salas de cine, desvela os misterios da peregrinación a Santiago de Compostela. Sabemos que actualmente millóns de peregrinos realizan cada ano o Camiño de Santiago, pero, cal é a súa orixe" Nesta película remontámonos ao século XIII e somos testemuñas da aventura dun peregrino que emprende a chamada ruta Xacobea desde Francia ata Santiago de Compostela, onde parecen estar os restos do apóstolo Santiago. O peregrino, un mozo francés chamado Mathieu, emprederá unha viaxe chea de misterio e aventura, non exento de segredos e perigos. En "O Camiño de Santiago, a orixe" recréanse historias e lendas, "novas linguaxes, estraños símbolos e misterios sorprendentes".
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Galería de imaxes e audio.
O Camiño de Santiago web de turgalicia.
Video informativo sobre o Camiño:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario