jueves, 24 de enero de 2008

Miss Potter


Dirección Chris Noonan.
A película conta a extraordinaria historia de Beatrix Potter (Zellweger). Fala do seu amor polo seu editor, Norman Warne (McGregor), e da súa loita por alcanzar unha vida independente nunha época na que a súa única opción na sociedade era a de converterse nunha esposa conformista, posición contra a que se revelaba. Grazas á súa pluma, cabe eloxiala como escritora e como artista, por crear o mundo de Peter Rabbit e os seus amigos.
"Miss Potter" é a historia dunha muller cuxa vida era unha fascinante mestura entre o seu logro profesional e as súas dificultades persoais; unha muller que camiñaba en dirección contraria á do seu tempo.
Os pais convencionais e victorianos de Beatrix Potter non eran conscientes das marabillosas historias infantís creadas pola súa filla, que trataban sobre animais e que ían acompañadas de debuxos non menos meritorios. A súa preocupación centrábase no afecto que a súa filla sentía cara a un "comerciante" e, convencidos de que atoparía unha relación máis aceptable, insistiron en que a mantivese en segredo.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Como se fixo a película.
Web oficial.
Críticas de "OFF Crítica" e de Cine 21.
A historia de Beatrix Potter e os seus itinerarios desde "Visit Britain".
Contos on-line.

Trailer:

No hay comentarios: