jueves, 25 de septiembre de 2008

Días de vino y rosas

Dirección Blake Edwards.
Joe Clay (Jack Lemmon), o fillo dunha cantante e un intérprete, que traballa como relacións públicas, e Kristen Arnesen (Lee Remick), a filla duns suecos propietarios dun viveiro, secretaria nunha gran empresa, parecen unha parella feliz. A Joe gústalle moito o Whisky, e esa afección vaise convertendo en adicción. A ela gústanlle moito os doces, pero el arrástralle á bebida porque di que é moi aburrida. Ao longo dun lento e meticuloso proceso de degradación chégase a unha maxistral sucesión de escenas terribles. Nunha delas Joe di: "Convertémonos nuns borrachos. Esa é a única razón de que me botaron de cinco empregos nun ano".
Un verdadeiro drama, nomeado para 5 Oscars. A música de Henry Mancini obtivo o de Mellor Canción. O guión, de J. P. Miller, está baseado na súa propia novela. As interpretacións de Lemmon, contundente no seu aspecto dramático, e a de Remick, non teñen fisuras. Aínda que este xénero non fose o habitual en Blake Edwards, converte este detallado descenso aos infernos do alcol e a degradación nunha das súas grandes películas.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Cine y prevención.
Comentario en Medicina y Cine
Reseña sobre o director,Blake Edwards.
Crítica en El País.
Reseña de Encadenados
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: