martes, 2 de septiembre de 2008

Para que no me olvides

Dirección Patricia Ferreira.
Irene (Emma Vilarasau) vive con Mateo (Fernando Fernán-Gómez), o seu pai, e co seu fillo David (Roger Coma), un mozo de 22 anos. A convivencia é armoniosa e feliz, pero un conflito desátase: David decidiu irse a vivir coa súa noiva, Clara (Marta Etura), a pesar dos seus vinte e poucos anos e de que el é un brillante estudante de arquitectura e ela unha caixeira de hipermercado. A pesar do seu talante liberal, Irene non entende que o seu fillo teña unha relación cunha moza sen ambicións. David atopa no seu avó a complicidade necesaria para levar a cabo os seus plans. Mateo é un ancián octoxenario e vitalista a pesar da súa historia: era un neno durante a Guerra Civil española, e nela perdeu a súa casa e a toda a súa familia. Pero nada diso puido coa enerxía e as ganas de vivir de Mateo. Un día, Mateo chega cunha terrible noticia.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Páxina oficial.
Trailer:

No hay comentarios: