martes, 2 de septiembre de 2008
Elizabeth. La edad de oro
Dirección Shekhar Kapur.
A raíña Isabel I (a oscarizada Cate Blanchett) debe enfrontarse á traizón no seo da súa familia e a sanguentas tentativas de apoderarse do seu trono. Isabel é consciente do cambio relixioso iniciado no século XVI en Europa, e o poderoso rei español Felipe II (Jordi Mollá) está decidido a restaurar o catolicismo en Inglaterra coa axuda do seu exército e a súa invicta armada. Mentres a Raíña prepárase para ir á guerra, intenta equilibrar antigas lealdades co amor que sente por Raleigh. Pero é un obxecto prohibido para unha raíña que xurou entregarse en corpo e alma ao seu país. Ante a imposibilidade de dar renda solta ao seu amor, Isabel alenta a Bess (Abbie Cornish), a súa dama de compañía favorita, a que trabe amizade con Raleigh para que este quede cerca. Pero esta estratexia obrígalle a ser testemuña da crecente intimidade da parella. Mentres a Raíña estuda cal é a súa mellor opción no estranxeiro, o seu conselleiro de confianza, sir Francis Walsingham (o oscarizado Geoffrey Rush) segue manipulando á Corte con mestría e traballando para consolidar a monarquía absoluta. Grazas á súa complicada rede de espías, Walsingham descobre un complot de asasinato para facerse co trono. Ao desenmascarar aos traidores, entre os que quizá se atope María Estuardo (Samantha Morton), a curmá de Isabel, o fiel conselleiro non sabe que acaba de dar comezo ao declive de Inglaterra.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Páxina oficial e reseña en English is all around con as localizacións.
Como se fixo.
Crítica.
Test interactivo.
Proposta didáctica e para saber mais.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario