martes, 2 de febrero de 2010

La vida en rosa


Dirección Olivier Dahan.
Métete de cabeza nos barrios baixos do París dos anos 30, flota e volve afundirte, coñece o amor en todas as súas vertentes e descobre en toda esta viaxe unha vida asoballante e libre, así foi Edith Piaf.
Descubrir a vida desta cantante francesa nacida en 1915 a través deste filme non deixa de sorprender e arrepiar. Non só polas experiencias tan enormes que lle tocan vivir senón tamén, pola estrutura da narración que logra evadirse da tan típica linealidade usada nas biopic.
A vida en rosa é unha viaxe a través da música e do seu intérprete, unha viaxe con curvas, nunca en liña recta, onde dor e a alegría xiran e retórcense, onde o humor e a ironía se encontran e fonden e onde flota continuamente a relación visceral que une a esta muller coa música.
Incrible a interpretación que fai Marion Cotillard de Edith Piaf, gañadora por este traballo dun Oscar, un BAFTA e un Globo de Ouro, entre outros. Non é para menos, meteu ata os ósos na pel desta muller e ao longo da película, actriz e cantante convértense nunha mesma persoa.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en La Butaca.
Reseña en La Higuera.net.
"A nena gorrión".
Cómo se fixo.

Banda sonora.
Trailer:

No hay comentarios: