Dirección Brad Anderson.
Trevor Reznik (Christian Bale), operario dunha máquina nunha factoría, non pode durmir. Pero non se trata dun insomnio común. Trevor non dorme dende hai un ano. A fatiga comportoulle unha horrible deterioración da súa condición física e a súa saúde mental. Repelidos polo seu aspecto físico, os seus compañeiros de traballo primeiros evítano, e despois volveranse contra el cando un deles perde un brazo nun incidente no que Trevor se ve involucrado. Converteuse nunha carga para si mesmo e os demais, e queren botalo. Atormentado pola culpa, a vergoña de Trevor transfórmase en sospeita, e despois en paranoia, cando parece que os seus compañeiros conspiran para conseguir que sexa despedido, ou algo peor. Primeiro encontra crípticas notas que alguén deixou no seu apartamento. Seguidamente, díselle que o misterioso compañeiro tamén involucrado no accidente non existe. Son todos estes misterios parte dun plan para facer que Trevor se volva tolo? Ou é a fatiga o que o está a facer perder a razón? Coa firme determinación de encontrar unha resposta, Trevor investiga os estraños sucesos que están a converter o seu mundo nun pesadelo. Pero canto máis descubra, menos quererá saber.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Cómo se fixo.
Reseña en Alohacriticón.
Análisis psicoanalítico da película en Buenas tareas.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario