jueves 15 de septiembre de 2011

Moulin Rouge


Dirección de John Huston.
Nada resulta máis atractivo ou estimulante para un actor, bo ou malo, que colocarse diante da cámara para dar vida a personaxes extravagantes, estrafalarios, diminuídos ou con problemas físicos. A José Ferrer presentóuselle con este "Moulin Rouge" a oportunidade da súa vida cando John Huston decidiu que fose el o encargado de dar vida ao pintor Toulouse-Lautrec, o pintor que simboliza o esplendor do París de finais do século XIX, unha persoa nacida cunha malformación xenética que marcou en forma de enfermidade toda a súa vida ata a súa morte, vítima do alcohol, en 1901.
José Ferrer someteuse a un intenso traballo de maquillaxe grazas ao cal os espectadores quedamos sempre coa imaxe do pintor como un personaxe contrafeito e pouco amable.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón e en La claqueta.
El artista atormentado en Decine21.
El arte en el cine.
Monográfico Toulouse-Lautrec.
Reseña do director en El País.

Banda sonora.

Video: