jueves, 8 de septiembre de 2011

Operación pacífico


Dirección Blake Edwards.
Operación Pacífico é unha comedia que comeza do xeito máis serio, coma se se tratase dun drama bélico. Un submarino vai ser enviado ao despezamento. O almirante Sherman (Cary Grant) -antigo capitán do Tiger Sea nos tempos da 2ª Guerra Mundial- chega momentos antes de que aconteza. Percorre as súas estanzas con evidente nostalxia, quere despedirse do compañeiro de fatigas que os albergou naqueles dramáticos momentos da guerra. Cando entra no seu camarote, encontra o que foi o seu diario da bordo e comeza a lelo, e dese xeito tan clásico, introdúcese o longo flashback que nos leva á costa filipina en plena 2ª Guerra Mundial e que é a base da película ata a última secuencia en que se volve ao tempo inicial, e que funciona como epílogo. Tras un fulgurante ataque da aviación xaponesa. O Tigre do Mar resulta seriamente danado. O capitán Sherman e os seus homes propoñen ao mando arranxalo para poder chegar ata un estaleiro no que será reparado. Teñen dúas semanas para conseguilo. Pero en Operación Pacífico, a pesar da moi conseguida ambientación e deseño de produción, non asistimos a ningunha fazaña bélica, nin a epopeas de heroísmo submarino. Tan só hai unha acción de guerra, cando o Tiger Sea viaxa cambaleante cara ao estaleiro e ten a oportunidade de afundir un destrutor xaponés, acción que remata de forma cómica co lanzamento involuntario dun torpedo que tras cruzar a praia, desviado do seu obxectivo real, fai estalar un camión. Haberá outro bombardeo xaponés pero esta vez parece menos dramático ao introducir Edwards un elemento chocante. Os soldados celebran en cuberta o Ano Novo cun gran festín que se ve interrompido polo ataque. Ao somerxerse o submarino precipitadamente, toda a comida e a bebida queda varrida pola ondada que provoca a inmersión, é unha idea brillante de posta en escena.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Fotogramas.
Crítica en Alohacriticón.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: