jueves, 2 de enero de 2014

El planeta de los simios

Dirección Franklin J. Schaffner.

Unha nave espacial da Terra estrélase nun planeta descoñecido. Segundo o calendario da bordo, pasou un ano e medio para os astronautas pero máis de 2.000 anos na Terra. A tripulación da nave, comandada polo Coronel Taylor, escapa antes que esta se afunda nas profundidas do lago onde amarou. Os sobrevivientes inician unha longa xornada a través dun vasto deserto, pero as súas reservas son escasas. A última hora conseguen chegar a unha selva onde descobren a existencia doutros seres humanos en estado moi primitivo - sen cultura nin linguaxe, e alimentándose da natureza -. Pero pronto os astronautas descobren con horror que os humanos - e eles - están a ser cazados por simios cabalgando a cabalo, dotados de armas de fogo e redes. Taylor é apresado pero ferido no colo. Cando esperta, encóntrase nun laboratorio dos simios onde realizan investigacións científicas aos humanos. Os homes son considerados animais, seres inferiores, e utilizados en labores menores. Debido á súa ferida, Taylor resúltalle imposible falar, pero por fin consegue comunicarse coa doutora a cargo do laboratorio, a chimpancé Zira. O descubrimento do humano falante motiva unha revolución na cultura simia, onde o Dr. Zaius - un orangután - toma o feito como unha herexía e unha ameaza á súa civilización. Decidido a liquidalo xa que é un perigo potencial, Taylor verase forzado a escapar dos simios. Pero espéralle un amargo descubrimento sobre o planeta alienigena.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en AlohaCriticón.
Crítica en Decine21 e en BlogdeCine.
La relatividad en El Planeta de los Simios.
Como se fixo en The Cult.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: