Dirección Mario Camus.
No café das Delicias, en Madrid, en plena posguerra española, concorren moitos personaxes para charlar, pasar o tempo e contarse as súas penas e alegrías. Alí discorre La colmena película, baseada no libro homónimo de Camilo José Cela,para a que Mario Camus conseguiu reunir aos mellores nomes do panorama cinematográfico da época, como Luis Escobar, Charo López, Fiorella Faltoyano, Concha Velasco, José Sacristán, José Luis López Vázquez, Francisco Rabal, José Sazatornil, Francisco Algora, Elvira Quintillá, Luis Ciges, Agustín González ou María Luisa Ponte. E outros que estaban a empezar a repuntar no panorama artístico como Imanol Arias, Victoria Abril ou Ana Belén.
A música é de Antón García Abril e a adaptación do guión de José Luis Dibildos. E a película recibiu, en 1983, o Oso de Ouro (ex aequo Ascendancy), no Festival de Berlín.
Camilo José Cela, que ten un pequeno papel no filme, escribe no prólogo do libro que «A Colmea non é outra cousa que un pálido reflexo, que unha humilde sombra da cotiá, áspera, entrañable e dolorosa realidade. Non aspira a ser máis que un anaco de vida narrado sen reticencias, sen estrañas traxedias, sen caridade, como a vida discorre, exactamente como a vida discorre. Queiramos ou non queiramos». Tal como Camus trazou na súa película.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía da novela en PAU Lengua Wiki e na UNED.
Guía de cine de UHU
Noticia en 20 minutos.
"La Colmena presentación del libro fílmico" en Clásicos literarios.
Recensión en El País.
La colmena en RTVE.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario