viernes, 3 de enero de 2014

Gattaca

Dirección Andrew Niccol.
No futuro, a maior parte dos nenos son concibidos in vitro e con técnicas de selección xenética. Vincent (Ethan Hawke) é un dos últimos nenos concibidos de modo natural, pero nace cunha deficiencia cardíaca pola cal non lle outorgan máis de trinta anos de vida. É un "non válido", alguén condenado a ocupar os postos menos gratos da sociedade. Pola contra, o seu irmán Anton recibe o mellor da carga xenética dos seus pais, o cal lle garantirá o acceso a infinidade de oportunidades. Dende neno, Vincent soña con ir ao espazo pero, pola súa condición de non válido, é consciente de que nunca poderá ser elixido faga o que faga. Durante anos exerce toda clase de traballos ata que un día contacta cun home que lle proporciona a chave para pasar á elite: adoptar a identidade deJerome (Jude Law), un deportista válido que quedou paralítico por culpa dun accidente. Así Vincent poderá acceder á CorporaciónGattaca, unha industria aeroespacial onde é seleccionado para unha misión a Titán. Para facer fronte ás constantes probas xenéticas ás que é sometido, deberá empregar intelixentemente as mostras de sangue e tecidos que Jerome lle prepara. Todo irá ben ata que o director da misión é asasinado e as consecuentes investigacións irán xerándolle dificultades para poder proseguir co seu plan.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía didáctica en Educastur e de CCOO Educación Andalucía.
"Sobre la búsqueda de los sueños y la identidad" en BlogdeCine.
Crítica en Hablando de ciencia.
Recensión na Revista de Biotética y Derecho.
Crítica en AlohaCriticón.
Banda sonora.

Trailer:


No hay comentarios: