Dirección Robert Rodríguez y Frank Miller.
Benvido a Sin City. Unha cidade que atrae aos tipos duros, aos corruptos e os solitarios. Para algúns é un lugar escuro. Insensible. Para outros é o seu fogar. Policías corruptos. Mulleres sensuais. Vixilantes desesperados. Moitos queren vingarse. Outros redimir os seus pecados. E tamén hai quen espera conseguir un pouco das dúas cousas. Un universo de heroes estraños e reticentes que intentan facer o correcto nunha cidade que rexeita o ben. A historia central céntrase en Marv (Mickey Rourke), un matón na rúa de toda a vida. Cando Marv acolle na súa casa unha deusa da beleza chamada Goldie (Jaime King), só para conservar o seu cadáver na cama, peiteou a cidade para vingarse da perda do único amor que había senti-do no seu corazón. Outra das historias é a de Dwight(Clive Owen), un investigador privado que se empeña unha e outra vez en deixar atrás os problemas a pesar de que non consegue desfacerse deles. Despois de que morra un policía na zona antiga da cidade, Dwight non se detén ante nada para protexer os seus ami-gos entre as damas da noite. E finalmente, está a historia de John Hartigan (Bruce Willis), o último policía honrado de Sin City. A súa vida profesional está a punto de rematar. No seu último caso trata de salvar unha nena de 11 anos das mans do sádico fillo dun senador... con sorprendentes resultados.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en LaHiguera.net.
Cómo se fixo.
Crítica en LaButaca.
Guía del cómic.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario