sábado, 6 de febrero de 2010

Charlie y la fábrica de chocolate


Dirección Tim Burton.
Charlie Bucket (Freddie Highmore) non ten outra cousa na vida que o amor dos seus pais e os seus catro avós, que sobreviven na casa máis cochambrosa e vella da cidade co mísero salario do proxenitor. No alto do outeiro despunta a misteriosa e espectacular fábrica de Willy Wonka (Johnny Depp), o chocolateiro máis famoso do mundo. Un bo día Wonka decide conceder un inusual privilexio a cinco nenos do mundo: visitar a súa fabulosa fábrica. Para obter un dos convites abonda con encontrar un dos cinco billetes dourados ocultos nas deliciosas chocolatinas Wonka. Charlie apenas ten opcións porque unha chocolatina é un luxo na maltreita economía familiar, pero porque ás veces os milagres acontecen e Charlie encontra un dos cinco billetes dourados. Acompañado polo seu avó Joe (David Kelly), e unido a catro insoportables nenos agraciados cos outros catro billetes, emprende a excitante visita á incrible e marabillosa factoría de Willy Wonka sabendo que haberá unpremio moi especial reservado para un só dos cinco. Tim Burton (Big Fish) adapta ao cine a aclamada novela infantil-xuvenil do escritor galés Roald Dahl volvendo xuntar ao binomio que triunfou en Buscando Nunca Jamás: Johnny Depp e Freddie Highmore.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Páxina oficial da película.
Cómo se fixo.
Guía didáctica en Educared e en Portal de Aragón.
Reseña en Alfaguara xuvenil.
Reseña do autor en Imaginaria.
Crítica en Cineísimo.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: