miércoles, 17 de febrero de 2010

Infiltrados


Dirección Martin Scorsese.
O Departamento de Policía de Massachussets vese envolvido nunha guerra campal para derrotar a maior banda de crime organizado da cidade. A estratexia é rematar co reinado do poderoso xefe da mafia Frank Costello (Jack Nicholson) dende dentro. A un mozo novato, Billy Costigan (Leonardo DiCaprio), criado no sur de Boston, encárgaselle infiltrarse na mafia dirixida por Costello. Mentres Billy intenta gañar a confianza de Costello, outro novo policía que tamén xurdiu das rúas do sur, Colin Sullivan (Matt Damon), sobe rapidamente de categoría dentro da policía do Estado. Colin, que gañou un bo posto na unidade de Investigacións Especiais, forma parte dun grupo de oficiais de elite cuxa misión é acabar con Costello. Pero o que os seus superiores non saben é que Colin traballa para Costello, e mantenlle un paso por diante da policía. Cada un remata totalmente consumido pola súa dobre vida. Pero cando os gánsteres e a policía se decatan de que hai unha toupa entre eles, Billy e Colin encóntranse en perigo constante de que lles collan e queden expostos ao inimigo, e cada un debe darse présa en desvelar a identidade do outro para salvarse a si mesmo.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Cómo se fixo a película.
Crítica en La higuera e en 20 minutos.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: