viernes, 5 de febrero de 2010
Happy feet
Dirección George Miller.
Na gran nación dos Pingüíns Emperador, no máis profundo da Antártida, non es ninguén se non sabes cantar, o cal representa unha gran desvantaxe para Mumble (voz de Elijah Wood), que é o peor cantante do mundo. Naceu bailando segundo o seu propio estilo...claqué. Aínda que a nai de Mumble, Norma Jean (voz de Nicole Kidman), cre que este pequeno hábito é estupendo, o seu pai, Memphis (voz de Hugh Jackman), di "non é propio de pingüíns". Ademais, os dous saben que, sen unha 'Canción do corazón', Mumble non encontrará nunca o verdadeiro amor. Coma se fose cousa do destino, a súa única amiga, Gloria (voz de Brittany Murphy), é a mellor cantante dos arredores. Mumble e Gloria establecen unha relación dende o momento no que se coñecen, pero ela loita cos seus estraños costumes "hippity-hoppity". Mumble é demasiado diferente, especialmente para Noah el Viejo (voz de Hugo Weaving), o severo líder da Terra do Emperador, que finalmente lle bota da comunidade. Lonxe do seu fogar por primeira vez, Mumble reúnese cun numeroso grupo de pingüíns totalmente diferentes dos da nación do Emperador: os Amigos de Adelie. Guiados por Ramon (voz de Robin Williams. Na versión española Carlos Latre), os Amigos de Adelie afecciónanse inmediatamente aos estupendos bailes de Mumble e invítano a formar parte do seu grupo. Na Terra de Adelie, Mumble pide consello a Lovelace el Guru (ao que tamén presta a súa voz Robin Williams. Na versión española Carlos Latre), un chalado pingüín Rockhopper que contestará todas as preguntas sobre a vida polo prezo dun seixo. Xunto con Lovelace e os Amigos, Mumble emprende viaxe a través de amplas paisaxes e, despois dalgúns encontros épicos, demostra que ser fiel a un mesmo é moi importante.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha da película.
Páxina oficial.
Cómo se fixo.
Test interactivo.
Crítica.
Trailer:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario