Dirección Mark Herman.
No Berlín de 1942, o pequeno Bruno é fillo dun comandante dun campo de concentración. El non sabe o que é o Holocausto, pero o que si notou é que dende que se mudou a unha zona illada da cidade, non ten a ninguén con quen xogar. Dende a ventá do seu dormitorio, Bruno ve un valo tras o cal hai moitas persoas vestidas con pixamas de raias. Os seus pais chegarán ao acordo de que Bruno e Gretel (a súa irmá) necesitan un profesor particular, deste xeito entra na historia Herr Listz. Un aburrido mestre empeñado en que aprendan materias tan tediosas como a Historia. No medio de tanta confusión, a súa mente pregúntase que é o que está a acontecer fóra. Por que se viste todo o mundo sempre con ese horrible pixama de raias? Unha tarde conseguirá escaparse e toparase cun rapaz xudeu chamado Shamuel. Axiña se farán amigos e todas as tardes Bruno charlará con Shamuel. A súa irmá contaralle que as persoas que hai detrás dos valos son xudeus, e que el e a súa familia son "todo o contrario". Ao pouco tempo desta aclaración, Bruno collerá piollos e terán que afeitalo a cabeza, o que fai aínda máis sinxelo o proceso de identificación co seu amigo Shamuel e o pensamento de que "realmente, non son tan diferentes".
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía didáctica.
Aprendendo có cine.
Crítica.
Reseña en Papel en blanco.
Cómo se fixo.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario