Dirección Louis Leterrier
'Agora vesme' conta a historia da persecución dos "Catro Xinetes", un grupo formado polos mellores magos de todo o mundo, liderado polo carismático e atractivo ilusionista coñecido como Atlas (interpretado por Jesse Eisenberg, 'A rede social') que se dedica a roubar bancos mentres desenvolven os seus espectáculos habituais. Unha vez finalizada con éxito a estafa, o equipo reparte o diñeiro que obtén entre o seu público.
Aproveitando os seus coñecementos sobre maxia, combinan o espectáculo con dispositivos e elementos de alta tecnoloxía que lles permiten acceder máis doadamente aos fondos do banco en cuestión. A banda conquista rapidamente a audiencia, que ademais de recibir parte do botín, queda pampa ante o enxeño e a forma de operar dos "Catro Xinetes". Por outra parte, Dylan (interpretado porMark Ruffalo, 'Os Vingadores') é un axente especial do FBI que leva un tempo detrás do grupo de ilusionistas. A súa intención é detelos e facelos pagar polos seus impresionantes delitos antes de que consigan efectuar o que promete ser o seu golpe máis atrevido e extraordinario.
O oficial vese obrigado a colaborar con Alma (Mélanie Laurent, 'Malditos Bastardos'), unha representante da Interpol da que Dylansospeita profundamente. O axente desesperado ao non conseguir avanzar no caso, recorre a Tadeo (encarnado por Morgan Freeman, 'Invictus'), un mago veterano que é repudiado pola comunidade de ilusionistas ao desvelar a esencia dos trucos publicamente.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
Crítica en Decine21.
Recensión en BlogdeCine.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario