Dirección Peter Greengrass.
Capitán Phillips é unha análise dende varios puntos de vista que o director Paul Greengrass fai sobre o secuestro do cargueiro norteamericano Maersk Alabama, levado a cabo por un grupo de piratas somalís no ano 2009. Dende as diferentes ópticas deGrengrass, é ao tempo un emocionante thriller e un complexo retrato da miríade de efectos que trae consigo a globalización. A película céntrase na relación que se establece entre o oficial ao mando da Alabama, o Capitán Richard Phillips (o dous veces gañador do Oscar® da Academia, Tom Hanks) e o xefe da banda somalí, Muse(Barkhad Abdi). Enfrontados entre eles nun choque de forzas irreversible fronte ás costas de Somalia, ambos os dous homes acharanse a mercé de forzas que escapan do seu control.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
A verdadeira historia en LaHiguera.net.
Crítica en LaButaca.net.
Entrevista a Tom Hanks.
Recensión en El Pais.
Reportaxe en Fotogramas.
Especial Oscars 2014 en RTVE
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario