Dirección Steven Spielberg.
"Se a escravitude non é inxusta, entón hai nada inxusto" -
Abraham Lincoln, cita dunha carta súa de decembro de 1865
Os últimos catro meses da vida e presidencia de Abraham Lincoln, toda a súa grandeza -supasión e a súa humanidade- estiveron marcados pola súa última batalla: definir un camiño para unha nación destruída, a pesar de telo todo en contra e dunha presión pública e persoal extrema.
A película de Steven Spielberg Lincoln permítenos somerxernos nos momentos máis perigosos e reveladores do líder americano, nunha época na que a escura sombra da escravitude crece e na que un país dividido pola guerra debe ser unido.
Desenvólvese un drama de enorme riqueza humana cos esforzos deLincoln para poñer fin á desvastadora Guerra Civil. Pero non loita simplemente por rematar a guerra, senón tamén por aprobar a Décimo Terceira Emenda e abolir de xeito permanente a escravitude, nun acto de verdadeira ousadía. Para iso, terá que valerse de toda a súa capacidade, coraxe e fortaleza moral que o levarían a converterse en lenda. Terá que asumir o impacto das súas accións no mundo e enlas persoas que ama. Pero está en xogo o que sempre lle importou máis a Lincoln: obrigar ao pobo americano e aos membros do seu goberno con ideas opostas a cambiar o rumbo e a apuntar máis alto, cara a un ben maior para toda a humanidade.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Guía didáctica.
Crítica en LaButaca.net: "De líderes y políticos"
Crítica en BlogdeCine.
Como se fixo.
Recensión en El País: "Lincoln la película más europea"
Recensión en Historia y Cine.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario