martes, 1 de julio de 2014

Good Bye Lenin!

Dirección  Wolfgang Becker.

Outubro de 1989 non era o mellor momento para entrar en coma se vivías en Alemaña Oriental e iso é precisamente o que lle acontece á nai de Alex (Daniel Brühl), unha muller orgullosa das súas ideas socialistas. Alex vese en-volto nunha complicada situación cando a súa nai esperta de súpeto oito meses despois. Ningunha outra cousa podería afectar tanto á súa nai como a caída do Muro de Berlín e o triunfo do capitalismo na súa amada Alemaña Oriental. Para salvar a súa nai, Alex converte o apartamento familiar nunha illa ancorada no pasado, unha especie de museo do socialismo no que a súa nai vive comodamente crendo que nada cambiou. O que empeza como unha pequena mentira piadosa se converte nunha grande estafa cando a irmá de Alex e algúns veciños se encargan de manter a farsa para que a nai de Alex siga crendo que ao final Lenin venceu!

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía didáctica en Cine y Derechos Humanos.
Análise en CineHistoria.
Críticas en LaButaca.net , en Decine21
Como se fixo.
Recensión en El País.
Banda sonora.

Trailer:


No hay comentarios: